DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2025 Páx. 11692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Rosales Grupo Avícola, S.L., para unha explotación avícola de recría de galiñas poñedoras, situada no lugar de Penedo, parroquia Soutopenedo, concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación avícola de recría de galiñas poñedoras

Procedemento: outorgamento da autorización ambiental

integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria

Titular: Rosales Grupo Avícola, S.L.

Expediente: 2023-IPPC-I-103

Localización: lugar de Penedo, parroquia Soutopenedo, concello de San Cibrao das Viñas (Ourense)

Núm. rexistro AAI: 2023-IPPC-I-103-381

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade