De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
|
Instalación: explotación avícola de polos de ceba. |
Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada. |
|
Titulares: Vilgar, S.C. |
Núm. rexistro AAI: 2018-IPPC-20-324. |
|
Localización: lugar de Outeiro, parroquia de Escuadro, Silleda (Pontevedra). |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
