Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:
Peticionario: Nedgia, S.A., con CIF A66560152.
Obxecto da petición: o 12 de maio de 2022, a Xefatura Territorial da Coruña aprobou o proxecto de execución da infraestrutura gasista de distribución denominado Ampliación de rede DN6” e nova acometida 6” de gas natural para Salvar Bio-Industries Noroeste en MOP 16 bar, nos termos municipais da Coruña e Arteixo (A Coruña), promovido por Nedgia, S.A., con número de expediente IN627A 2021/7-1. Debido ao derrubamento da estrada municipal CM-00001 pola que discorre esta canalización de gas, é necesario recuala ao borde interior da calzada.
Basicamente, as instalacións proxectadas consisten en:
• Modificación: 508 m de condución de aceiro DN 6”, en MOP 16 bar.
• Instalacións auxiliares: 1 válvula de liña de aceiro DN 6”.
O anterior faise público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de vinte (20) días, contados a partir da data da última publicación deste anuncio.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste Departamento Territorial da Coruña, da Consellería de Economía e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38.
Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas
A Coruña, 16 de xaneiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
