DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2025 Páx. 11699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 21 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal da Coruña (expediente IN407A 2024/120-1).

Expediente: IN407A 2024/120-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT SBN717B apoio ADWE4WHA//D23-2.

Concello: A Coruña.

1. Características técnicas:

As instalacións atópanse no lugar da Zapateira, parroquia Elviña, no concello da Coruña, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Substitución do apoio actual de formigón ADWE4WHA//D23-2 da LMTSBN717B por un apoio de celosía de características C-1000/16, con cruceta H-35.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de trinta días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMT SBN717B apoio ADWE4WHA//D23-2

Relación de bens e dereitos afectados. Concello da Coruña

Nº parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Fontán (A Coruña) 15900A008001910000YP

Rústico. Agrario. Matogueira

Gabma Legal, S.L.

Talín Mariño Elena Julia

1

2.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.