DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2025 Páx. 11722

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de notificación no procedemento da orde de execución da xestión da biomasa vexetal para a prevención e a defensa contra os incendios forestais.

De acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non poida efectuarse a notificación, esta farase mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do concello, e conterá os datos catastrais da parcela.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Negociado de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, sito na praza de Armas s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os interesados poderán formular as alegacións que consideren oportunas no prazo de dez (10) días hábiles.

As persoas responsables dispoñen dun prazo de quince (15) días naturais para a realización dos traballos de xestión da biomasa nas parcelas indicadas.

Contra esta resolución de inicio de expediente –por tratarse dun acto de trámite– non cabe interposición de recurso. No obstante, poderán utilizar os que consideren convenientes.

Ferrol, 22 de xaneiro de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP núm. 241, do 20 de decembro)
José Tomé López
Concelleiro delegado da Área de Medio Ambiente, Zona Rural, Servizos e Obras

ANEXO

Expediente núm.

Ref. catastral

Acto notificado

Interesado/a DNI

INC 6/2024/1235

2024022476

15037A01100185

Resolución do 3.12.2024

32634628C

INC 4/2024/1236

2024022482

15037A50101099

Resolución do 4.12.2024

32649143E

INC 5/2024/1109

2024022455

15037A01700498

Resolución do 23.12.2024

Leonarda Graña Pérez

INC 1/2025/539

2024022413

15037A02900345

Resolución do 3.1.2025

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

INC 2/2025/1363

2025000336

15037A02900056

Resolución do 9.1.2025

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

INC 3/2025/1320

2025001353

15037A50103645

Resolución do 16.1.2025

Obdulia Varela

INC 2/2025/1273

2024022640

15037A03500072

Resolución do 13.1.2025

Guillermo Lorenzo S-S

INC 5/2025/1273

2024022643

15037A03500112

Resolución do 14.1.2025

Hros. Indalecio Pérez S-S

INC 7/2025/1273

2024022646

15037A03500076

Resolución do 14.1.2025

José Luis Acebedo S-S

INC 2/2024/1079

2024022449

15037A50101562

Resolución do 18.12.2024

32478726N (herdeiros)

INC 2/2024/1279

2024022658

15037A03600729

Resolución do 17.12.2024

32602803G (herdeiros)

INC 1/2024/1243

2024022498

15037A05200293

Resolución do 9.12.2024

32589530W

INC 6/2025/834

2022009826

15037A50103565

Resolución do 17.1.2025

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003