DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2025 Páx. 11724

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) na parcela SU-4 (Área de servizos urbanos de Amio).

O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o 28 de novembro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) na parcela SU-4 (Área de servizos urbanos de Amio), formulado de oficio polo Concello de Santiago de Compostela, e asinado en novembro de 2024 pola arquitecta municipal de Planeamento.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016 do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o plan especial no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.

Consonte o disposto no artigo 212.3 do RLSG, o prazo do artigo 65.4, antes citado, non comezará a contar ata a recepción completa da documentación no rexistro da consellería.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2025

A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica