Mediante a Resolución da Alcaldía número 2025000562, do 4 de febreiro, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes edificables e reaxuste de rasantes á realidade existente no pol-9, Santa Cruz (documento NRE 2024026209, do 10 de decembro).
De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org na sección de Urbanismo, trámites de información pública, durante o prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 5 de febreiro de 2025
Ángel García Seoane
Alcalde presidente
