DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2025 Páx. 12076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para 2024.

Pola Resolución da Concellaría Delegada de Persoal deste concello, do 17 de decembro de 2024, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a continuación se indican para o ano 2024:

Prazas de acceso libre:

Persoal funcionario:

Denominación

Nº prazas

Escala (subescala)

Grupo

Técnico/a medio/a

1

A.X. (Xestión)

A2

Arquivo bibliotecario

1

A.X. (Auxiliar)

C2

Auxiliar administrativo

2

A.X. (Auxiliar)

C2

Técnico/a Administración xeral urbanismo e medioambiente

1

A.X. (Xestión)

A2

Traballador/a social

1

A.E. (Técnica)

A2

Psicólogo/a

1

A.E. (Técnica)

A1

Educadora social

1

A.E. (Técnica)

A2

Persoal laboral:

Denominación

Grupo laboral

Nº prazas

Oficial 1º pintor/a

IV

1

Oficial 1º albanel

IV

1

Operario/a de obras e servizos

V

2

Operario/a condutor/a

V

1

Operario/a limpeza coordinador/a

V

1

Operario/a emerxencias

V

7

Profesor/a conservatorio

II

3

Prazas de promoción interna:

– Prazas de persoal funcionario:

Denominación

Nº prazas

Escala (subescala)

Grupo

Administrativo/a

1

A.X. (Administrativa)

C1

Oficial policía local

2

A.E. (S.E.)

C1

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

O Carballiño, 17 de decembro de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución do 3.7.2024)
Alberto Otero Carneiro
Concelleiro delegado de Persoal