De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE 2 de octubre) do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43; Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 31 de xaneiro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto de notificación |
|
INC-PO-0036/2024-VNA |
77007359R |
Incoación de expediente |
