DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2025 Páx. 12867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 4376/2024, interposto contra a Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Ribadeo para a implantación dun centro de saúde.

Este centro directivo recibiu un oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo núm. PO 4376/2024, mediante o cal solicita a remisión do expediente administrativo así como o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de formalizar o solicitado no citado oficio, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2025

Yago Borrajo Sánchez
Secretario xeral técnico da Consellería de Vivenda
e Planificación de Infraestruturas