DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2025 Páx. 12844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador PO-RES-2024-093 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que as notificacións fosen devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentadas dúas veces, non se puideron efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede deste departamento territorial, sita na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto da publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Pontevedra, 4 de febreiro de 2025

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoas interesadas

Acto notificado

Acto adoptado

PO-RES-2024-093

Robert Adir

Resolución

Polo director territorial

PO-RES-2025-001

Jonathan González Barros e

José Manuel Domínguez Martiñán

Acordo de incoación

Polo director territorial