De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.
Polo que, por medio deste anuncio, o acto administrativo ditado en relación co procedemento sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 7/2023, do 28 de marzo; BOE núm. 75, do 29 de marzo, en relación coa Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG núm.194, do 11 de outubro), é notificado á persoa indicada no anexo.
Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita persoa interesada poderá comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:
– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
– Na sede deste servizo provincial, situado na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Logo de transcorrer o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE .
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 4 de febreiro de 2025
María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada/DNI/NIE/NIF |
Acto de notificación |
|
ANI-CO-0002/2025-V |
DNI 35201646P |
Acordo de inicio |
