Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e requirimento da folla de valoración, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de Telecontrol en LMT TA2807 apoio 9PB2Q1KE//42-1, no concello de Negreira (expediente IN407A 2022/266-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A copia da acta e do depósito previo están ao dispor das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitaren a remisión dos ditos documentos ao enderezo que sinalen.
Dispoñen de quince (15) días de prazo para chegaren a un acordo amigable coa empresa beneficiaria e, finalizado este trámite, terán vinte días para presentaren a súa folla de valoración.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 4 de febreiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/266-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Instalación de telecontrol en LMT TA2807 apoio 9PB2Q1KE//42-1.
Concello: Negreira.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data da ocupación |
|
1 |
15057A513040300000LF |
Manuel Garea García-Malvar |
14.2.2025 |
