DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2025 Páx. 12859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se acepta a desistencia da solicitude de autorización administrativa dunha instalación eléctrica (expediente IN407A 2024/246-1).

Expediente: IN407A 2024/246-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Recuamento LMTA Polígono: 25/Parcela: 617, Leiro, s/n.

Termo municipal: Ares.

Feitos:

O día 19 de xullo de 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Ares, que queda rexistrada co número de expediente IN407A 2024/246-1.

Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Ares, Servizo de Patrimonio Natural, AESA e Augas de Galicia.

O día 21 de xaneiro de 2025, segundo o artigo 94 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, a empresa promotora presenta unha solicitude de desistencia de todos os trámites deste expediente.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

3. O artigo 94.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establece que «Toda persoa interesada poderá desistir da súa solicitude ou, cando isto non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar aos seus dereitos». Pola súa banda, o artigo 94.4 da mesma lei sinala que «A Administración aceptará de plano a desistencia ou a renuncia, e declarará concluso o procedemento salvo que, tendo comparecido nel terceiros interesados, estes instasen a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificados da desistencia ou renuncia».

4. Á vista dos preceptos citados, logo de analizar o expediente e xa que non existen terceiras persoas interesadas ou afectadas, esta dirección territorial entende que non existe inconveniente ningún en aceptar a desistencia solicitada.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

Aceptar a solicitude de desistencia formulada pola empresa promotora, declarar concluso o procedemento e dispoñer o seu arquivamento.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Mediante este documento notifícase a resolución correspondente ao expediente que se indica, segundo o exixido no artigo 40 e seguintes da mesma Lei 39/2015.

A Coruña, 3 de febreiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña