No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 13, do 21 de xaneiro de 2025, publicáronse integramente a convocatoria, bases específicas e anexos, que rexen o proceso selectivo para a provisión, mediante o sistema de libre designación, do posto de traballo número 10 da RPT denominado secretario/a xeral do Pleno, persoal directivo do Concello de Ourense.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases e a convocatoria completa pode consultarse na sede electrónica do Concello de Ourense, na seguinte ligazón: https://ourense.gal/gl/servizos/recursos-humanos
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda, publicaranse na sede electrónica do Concello de Ourense.
Ourense, 28 de xaneiro de 2025
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
