No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 11, do 17 de xaneiro de 2025, publicáronse integramente a convocatoria, as bases específicas e anexos que rexen o proceso selectivo para a provisión, mediante o sistema de libre designación, do posto de traballo núm. 256 da RPT, denominado asesor xurídico (titular da Asesoría Xurídica), persoal directivo, do Concello de Ourense.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases e a convocatoria completa pódense consultar na sede electrónica do Concello de Ourense, na seguinte ligazón: https://ourense.gal/gl/servizos/recursos-humanos
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda, publicaranse na sede electrónica do Concello de Ourense.
Ourense, 28 de xaneiro de 2025
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente do Concello de Ourense
