No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 15, do 23 de xaneiro de 2025, publicáronse as bases reguladoras do proceso de provisión por mobilidade dun posto na categoría de policía no corpo de Policía Local do Concello de Pontevedra incluída na OEP do ano 2024.
A concelleira de Servizos non Territorializados convocou, mediante a Resolución do 8 de xaneiro de 2025, o proceso de provisión de postos, polo sistema de mobilidade, para a provisión dun posto vacante no Concello de Pontevedra incluído na oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2024, que a seguir se sinala:
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: policía.
O prazo de presentación de instancias para participar no proceso de provisión será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.
Pontevedra, 23 de xaneiro de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira de Servizos non Territorializados
