Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contarse ó día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procederan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio do taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas (Área de Medio Ambiente), situadas na praza da Constitución, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
|
Núm expediente |
Referencia catastral |
Localización |
Interesado |
|
1791/2024 |
32076A016002590000UQ |
Os Zorelles |
En investigación |
|
114/2025 |
32076A017001220000UD |
Os Zapateiros |
En investigación |
|
2038/2025 |
32076A501000900000YU |
Os Facheiros |
Luisa Crestelo Rodríguez |
|
2038/2024 |
32076A501000920000YW |
A Laxe-Loiro de Abaixo |
María Doniz Sierra |
|
1843/2024 |
32076A036000230000UY |
Aira |
Flora Araújo Outeiriño |
|
1577/2024 |
32076A501110220000YG |
Montelongo de Arriba |
Marina Rodríguez Rodríguez |
|
1399/2024 |
32076A032003260001IO 32076A032003270000UJ |
Rúa do Peto-Calvos |
María Alonso Cid |
|
1540/2024 |
32076A032002820000UQ 32076A033000610000UA |
Calvos |
María Alonso Cid |
|
1435/2024 |
32076A032002170000UL |
Calvos |
María Alonso Cid |
|
1398/2024 |
32076A032000060000UI |
Portela |
María Alonso Cid |
|
1695/2024 |
32076A031001160000UF |
O Soutiño |
María Alonso Cid |
|
1728/2024 |
32076A034000280000UZ |
A Castellana |
María Alonso Cid |
|
1728/2024 |
32076A034000320000UU |
A Castellana |
Nelita González Vidal |
|
191/2025 |
32076A017001220000UD |
Os Zapateiros |
En investigación |
San Cibrao das Viñas, 5 de febreiro de 2025
Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa
