En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 168, do 5 de setembro), fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).
Por non cumprir os requisitos de acceso por causas sobrevidas.
DISPOÑO:
Excluír a seguinte persoa do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de montes:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
***1689** |
Souto Silva, José María |
Libre |
44 |
|
44 |
Xa pertence ao corpo, escala ou categoría á cal se presenta |
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
