En sesión que tivo lugar o día 12 de febreiro de 2025 e logo da estimación parcial dos recursos de alzada presentados por persoas aspirantes contra a Resolución do 13 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades (DOG núm. 221, do 15 de novembro), o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio),
RESOLVE:
Primeiro. Modificar a Resolución deste tribunal do 13 de novembro de 2024 pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades (DOG núm. 221, do 15 de novembro), con relación á puntuación asignada a María Leonor Fernández Besada (***5006**) e María Pilar González-Besada López (***9882**) , aspirantes aprobadas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía.
Segundo. Como consecuencia da modificación da puntuación do baremo definitivo destas persoas, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, publicada mediante a Resolución deste tribunal do 9 de decembro de 2024 (DOG núm. 237, do 10 de decembro), en relación coa orde de prelación das anteditas persoas afectadas, renumerando a relación de persoas aprobadas.
A baremación definitiva obtida polas persoas indicadas e a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo coa nova orde de prelación das persoas aprobadas publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2025
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
