Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra no expediente sancionador PO-03276-O-2024 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra.
Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Pontevedra, 4 de febreiro de 2025
Manuel Santano Gómez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF denunciado |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
PO-03276-O-2024 2497-DGJ |
Y1686449B |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 29.10.2024; 15.54.00; PO-510; 0,509 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-03278-O-2024 9512-BNM |
Y4776267D |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 30.10.2024; 09.42.00; PO-531; 4,564 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-03286-O-2024 6966-HHB |
35295967Y |
A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve. 20.8.2024; 20.10.00; N-525; 295,286 |
Artigo 60.a) da Lei 4/2013 |
Artigo 63 da Lei 4/2013 |
2.001 euros |
|
PO-03298-O-2024 4950-GSG |
Y3289414Z |
Exceso de peso igual ou superior ao 25 %. 28.10.2024; 10.55.00; A-55; 18,0 |
Artigo 140.23 da LOTT Artigo 197.26 do ROTT |
Artigo 143.1.c) da LOTT Artigo 201.h) da ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
2.001 euros |
|
PO-03380-O-2024 PO-9652-BN |
Y0545975S |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 18.11.2024; 11.14.00; A-55; 18,6 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-03451-O-2024 OU-2941-V |
Y3289414Z |
Exceso de peso superior ao 5 %. 3.11.2024; 11.20.00; AP-9; 128,0 |
Artigo 142.2 da LOTT Artigo 199.2 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.c) do ROTT |
301 euros |
