No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 246, do 19 de decembro de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria que regulan os procesos selectivos de oposición para cubrir definitivamente as seguintes prazas vacantes do cadro de persoal municipal de funcionarios de carreira:
– Unha de praza vacante de oficial 1ª condutor de maquinaria, funcionario de carreira, da escala de Administración especial, de servizos especiais, clase cometidos especiais, grupo C, subgrupo C2, incluída na OEP 2023 e asociada ao posto 05.01.00.02 da RPT.
– Dúas prazas vacantes de oficial 1ª albanel, funcionario de carreira, da escala de Administración especial, de servizos especiais, clase persoal de oficios, grupo C, subgrupo C2, e incluídas na OEP 2024 e asociadas aos postos 05.01.00.08 e 05.01.00.09 da RPT.
– Sete prazas vacantes de operarios de obras e servizos, funcionarios de carreira, da escala de Administración especial, servizos especiais, clase de persoal de oficios, grupo E agrupacións profesionais (AP), incluídas na OEP 2024 e asociadas aos postos 05.01.00.10, 05.01.00.11, 05.01.00.12, 05.01.00.13, 05.01.00.14, 09.00.00.05 e 09.00.00.06 da RPT.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios dos procesos selectivos, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.
O Porriño, 9 de xaneiro de 2025
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde
