DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2025 Páx. 13113

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO para o levantamento de actas de pagamento e de ocupación dos bens e dereitos incluídos no proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial da Pontenova, Lugo (sector S-PE2).

Mediante o Acordo do Pleno do Concello, do 28 de setembro de 2023, aprobouse definitivamente a relación de bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa para a execución da ampliación do parque empresarial da Pontenova (sector S-PE2).

Mediante as resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia, do 21 de novembro, de 2024, establecéronse prezos xustos respecto dos predios afectados polo expediente de expropiación forzosa, cuxos propietarios, en tempo e forma, presentaron as oportunas oposicións ao prezo xusto fixado, polo que se fixaron os incrementos correspondentes.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do dolo de Galicia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Polo anterior, cómpre convocar e citar os titulares que aparecen no expediente aprobado para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación, de conformidade co artigo 48 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa e demais normativa que resulte de aplicación.

De conformidade co anterior, o Pleno do Concello, do 23 de xaneiro de 2025, adoptou o seguinte

ACORDO:

Convocar e citar as posibles persoas titulares dos bens e dereitos afectados por este expediente para o levantamento das actas de pagamento e ocupación, que se levarán a cabo no concello da Pontenova, praza do Concello, s/n, o día 20 de febreiro de 2025, nas horas e orde sinalados no anexo que se acompaña, para o caso de pagamento e posterior levantamento da acta de ocupación, e o día 20 de febreiro de 2025, ás 14.00 horas, para o levantamento da acta de ocupación para o caso de que se producise a consignación do prezo xusto.

Para os ditos actos deberá terse en conta:

Que o pagamento do prezo xusto só se lles fará efectivo, consignarase en caso contrario, aos interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade e, para tal efecto, o interesado achegará certificación rexistral ao seu favor, na cal conste que se redactou a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario, ou, na súa falta, os títulos auténticos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ao mesmo predio descrito nos títulos. De existiren cargas, deberán comparecer os seus titulares.

Para os casos de sucesión dos dereitos derivados do expediente expropiatorio, ademais, achegarán documentos suficientes acreditativos da sucesión alegada e da lexitimidade da persoa interesada para o cobramento das cantidades en cuestión (certificado de defunción, actos de última vontade, liquidación do imposto de sucesións, testamento, operacións particionais, etc.).

Que se o expropiado non quixese aceptar o pagamento ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado, ou, en xeral, concorrese algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda.

Que para o cobramento do prezo xusto é necesaria a comparecencia do interesado por si ou debidamente representado con poder notarial suficiente e, no caso de que o predio ou dereito pertenza a varias persoas, é necesario a comparecencia de todos eles por si ou debidamente representados con poder notarial suficiente.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello da Pontenova e notificaráselle ao Ministerio Fiscal para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Así mesmo, publicarase no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos interesados descoñecidos, aos que se ignore o lugar de notificación ou aos que, intentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, notificáraselles individualmente aos titulares dos predios que figuran na listaxe anexo a data, a hora e o lugar en que se procederá ao levantamento das actas de pagamento e ocupación.

A Pontenova, 27 de xaneiro de 2025

Darío Campos Conde
Alcalde

ANEXO

Listaxe de predios e persoas titulares para o levantamento de actas de pagamento e ocupación

Núm. predio

Pol./Parc.

Referencia catastral

Titular

Acta de pagamento e ocupación

Día

Hora

1 e 3

2/320

2/317

27048F00200320

27048F00200317

Antonio Lombardero López

Mª del Carmen Reimondo González

20.2.2025

9.30

2

2/318

27048F00200318

Herdeiros de José Antonio Hogaza García

20.2.2025

10.00

4 e 6

2/319

2/5428

27048F00200319

27048F00205428

Perfecta Ogaza Fontangordo

20.2.2025

10.30

5

2/10312

27048F00210312

Ana Iravedra Iravedra

Javier Iravedra Iravedra

20.2.2025

11.00

7

65184/23

6518423PJ4061N

Herdeiros de Perfecta Domínguez Sequeiro

20.2.2025

11.30

8

65184/24

6518424PJ4061N

Julio Miranda Álvarez

María Oliva Seivane Otero

José María Miranda Álvarez

María Dominica Vidueiro Cabodevila

20.2.2025

12.00

9

65184/49

6518449PJ4061N

Elena Lamas Liz

20.2.2025

12.30

10

65184/25

6518425PJ4061N

Benancio Lastra Enríquez

20.2.2025

13.00

11

65184/22

6518422PJ4061N

Kevín Fiallega García

Modesto García Sequeiro

María Nieves García Silván

Luis García Sequeiro

20.2.2025

13.30