A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 5.2.2025, acordou aprobar inicialmente o documento da modificación puntual nº 3 do Plan parcial do sector 7 recinto feiral de Someso, normativa, presentado por Espacio Coruña Shopping, S.L. e asinada dixitalmente polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada, colexiado co número 1047 do COAG, e Beatriz Aneiros Filgueiras, colexiada co número 2137 do COAG, do que deben completarse as emendas sinaladas no informe municipal do 30.1.2025, de cara á aprobación definitiva do documento.
En cumprimento do disposto no procedemento previsto no artigo 18.1.a) da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, por remisión do artigo 83.6.b) da Lei do solo de Galicia, sométese o expediente ao trámite de información pública polo prazo dun (1) mes contado dende o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar a modificación puntual e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará á disposición do público no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, na epígrafe de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe exposición pública, e no visor Desenvolvemento do planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 10 de febreiro de 2025
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable
da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
