No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 245, do 20 de decembro de 2024, foron publicadas integramente as bases que van regular a convocatoria para prover, por concurso-oposición, unha praza de peón-operario de servizos múltiples como persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público de 2022 do Concello de Moeche.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra, de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Moeche, 7 de xaneiro de 2025
Beatriz Bascoy Maceiras
Alcaldesa
