A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 30 de xaneiro de 2025, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a ordenación do volume edificable sobre as parcelas con referencia catastral 5882015NJ6158S, 5882016NJ6158S, 5882023NJ6158S e 5882022NJ6158S, afectas á Ordenanza 6ª do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Narón, aprobado inicialmente (PXOM-2024), sito entre a rúa Ortega y Gasset, a estrada AC-566 e a rúa Álvaro Paradela, elaborado por Entyl, S.L. e asinado o 25.11.2024 polo arquitecto Luis Felipe Cabezas Torrelo, COAG núm. 3164, promovido por Vego Supermercados, S.A.U., en representación de José Manuel Mata Fernández e Deogracias Mata Fernández.
Conforme o establecido no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194.2 e 207 do seu regulamento, o estudo sométese á información pública polo prazo dun (1) mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia en nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como no taboleiro de edictos da sede electrónica municipal, para os efectos de que durante o dito período se poida examinar o expediente e formular as alegacións e suxestións que se consideren oportunas.
Durante o período de información pública, o texto íntegro do estudo de detalle, debidamente dilixenciado, xunto co correspondente expediente administrativo, estarán depositados para a súa consulta no Servizo de Obras e Urbanismo, sito no 6º andar do concello, na praza de Galicia, s/n, das 8.30 ás 13.30 horas, para que poida ser consultado. Para tales efectos poderase solicitar cita previa, presencialmente ou no teléfono 981 33 77 00 (ext. 1603 ou 1611); todo isto sen prexuízo do acceso ao documento aprobado inicialmente a través do xeoportal do Concello de Narón (https://naron.maps.arcgis.com/home/index.html).
Narón, 7 de febreiro de 2025
Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa
