DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2025 Páx. 13298

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso, pola quenda de promoción interna, a unha praza de inspector da policía local incluída na OEP para o ano 2024.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) número 30, do 13 de febreiro de 2025, publicáronse a convocatoria e as bases específicas que a rexen, para o acceso á praza vacante deste concello coas seguintes características:

– 1 (unha) praza de persoal funcionario de carreira da escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local (escala executiva, categoría inspector), grupo A, subgrupo A2 de clasificación.

Sistema selectivo: concurso-oposición, pola quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 13 de febreiro de 2025

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde