DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2025 Páx. 13518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2025, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a incoación do expediente de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario 226/2023-CO e catorce máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio, relativos aos expedientes de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario (clave IFOO008B), (artigo 58 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, modificado pola Lei 6/2015, do 7 de agosto, que modifica a anterior lei citada, e a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas).

Segundo o artigo 46 da LPACAP, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo de inicio e a súa constancia, as ditas persoas interesadas deberán comparecer:

No prazo de dez (10) días, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (en diante, BOE).

Na sede deste Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, ala norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que estas persoas comparecesen, entenderase producida a notificación desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Durante o prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte a aquel en que ten efectos esta notificación, as persoas interesadas poderán presentar as alegacións e achegar os documentos que consideren oportunos ante este servizo provincial, de acordo co previsto no artigo 64, terceiro parágrafo, da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e nos artigos 76 e 82 da LPACAP.

No mesmo prazo poderán acceder ao contido do expediente e obter as copias correspondentes.

Este anuncio será publicado no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia quedará supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2025

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

Estrada

226/2023-CO

78795829Z

AC-546 Negreira (AC-444)-A Pereira (AC-400)

261/2023-CO

54531162W

AC-550 Cee-Ribeira

267/2023-CO

32370136M

AC-862 Ferrol (rotonda CV M Fomento)-Lím. Prov.-S.Cibrao

279/2023-CO

49681119S

AC-840 Betanzos (AC-542)-L.P.-Agolada (N-640)

349/2023-CO

33351239C

Sigrás (N-550)-Muros

14/2024-CO

49473734K

AC-552 A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550)

24/2024-CO

34288960P

AC-840 Betanzos (AC-542)-L.P.-Agolada (N-640)

32/2024-CO

76573455S

AG-64 Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8)

99/2024-CO

Y3458883L

Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8)

109/2024-CO

32724779B

Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8)

143/2024-CO

49204917M

Sada (AC-162)-Arillo (AC-173)

154/2024-CO

44845908W

AC-543 Santiago (AC-548)-Noia (AC-550)

176/2024-CO

32679718F

AG-64 Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8)

190/2024-CO

32946100A

AC-305 Padrón (VG-1.1)-Ribeira (AC-550)

641/2024-CO

32709253X

AC-112 San Sadurniño (AC-862)-Castro (AC-566)