DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2025 Páx. 13520

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a seguir, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas a continuación, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Número de expediente

Referencia catastral

Parroquia

Titulares catastrales

2024/V001/000065

15005A04400332

Loureda

C.A.V.

2024/V001/000051

15005A05800368

Loureda

Descoñecido/a

2024/V001/000049

15005A07100020

Morás

M.2000

En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no BOE (Boletín Oficial del Estado) para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas citadas.

Transcorrido o devandito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello realizará a execución subsidiaria, con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Asi mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está, á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.

Arteixo, 29 de xaneiro de 2025

Por avocación de competencias (Decreto 2966/2024, do 31 de outubro)
José Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente