Mediante a Resolución da Alcaldía número 31/2025, do 21 de xaneiro de 2025 acordouse realizar a contratación como persoal laboral fixo, por obter a praza obxecto de estabilización no proceso selectivo con expediente 2022/E001/000042 (técnico/a animación física/deportiva (5115), a favor de:
|
Identidade do aspirante |
DNI |
|
Romero Agra, Néstor |
***3423** |
O anterior publícase en cumprimento da base xeral número 13 e da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Contra a Resolución da Alcaldía poderán interporse, alternativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses, segundo os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (LPACAP), e o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren oportuno.
Lousame, 22 de xaneiro de 2025
María Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa
