DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2025 Páx. 13312

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de febreiro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional xustifícase polos cambios introducidos na súa estrutura orgánica polo Decreto 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

Esta modificación preséntase como parcial pero, por razóns de eficacia e operatividade, considérase máis axeitada a publicación completa e non parcial dos postos dos centros de destino en servizos centrais, de tal xeito que figuran postos cuxas clasificacións foron aprobadas en modificacións anteriores.

Cómpre destacar tamén que os postos afectados por esta modificación se crean nas relacións de postos de traballo vixentes, actualmente en proceso de adaptación aos cambios efectuados polos recentes cambios dos decretos de estrutura.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de febreiro de 2025, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de febreiro de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file