DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2025 Páx. 13509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Ordes (expediente DH.A15.105164).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Mercedes Golán Reboredo e Mª Carmen Fraga Queijo.

DNI: ***5140** e ***0104**.

Expediente: DH.A15.105164.

Volume total anual: 539,835 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,2 l/s.

Destino: uso doméstico, gandeiro e rega.

Orixe: manancial.

Lugar: Pepín.

Parroquia: Mercurín (San Clemente).

Concello: Ordes.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado nas coordenadas UTM ETRS89 H29 X=545.412 Y=4.776.307, que se recolle nun depósito de formigón duns 2,4×2,1 m en planta e 1,80 m de profundidade, a uns 16,8 m da parcela 15060A512003790000LW, do cal parte unha condución en tubaxe de 32 mm que discorre cara ao oeste-noroeste ata chegar ás casas das dúas solicitantes, coas referencias catastrais 000600400NH47F0001ZU e 50679014NH4756N0001AD.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta poderán solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro