Praia Rodeira S. Coop. solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:
Solicitante: Praia Rodeira S. Coop.
Expediente: DH.W36.106023.
Concello: Cangas.
Descrición das obras: construción dun edificio para vivendas, rochos e garaxes, na parcela de referencia catastral 9191919NG1799S, na avenida de Ourense núm. 96 (concello de Cangas). A edificación disporá de dous andares baixo rasante para garaxes e rochos, planta baixa, tres andares sobre esta e baixo cuberta. A superficie construída en sotos será de 882,21 m², e a superficie construída sobre rasante máxima por planta será de 742,98 m². Na planta baixo cuberta haberá, ademais, dúas piscinas. Proxéctase unha beirarrúa de dous metros a carón da fachada, na zona de servidume do rego de Saíñas (id curso 1003795532), estabilización de noiros e plantación de vexetación e árbores de ribeira.
Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) contados a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cangas ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, 3-4º, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.
Vigo, 24 de xaneiro de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
