DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2025 Páx. 13787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2025 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado da senda na PO-400 entre O Castro e As Neves, de clave PO/23/152.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido. Actuación susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, recolle no seu artigo 6.2 aqueles elementos que teñen a consideración de elementos funcionais da estrada, entre os que se atopan os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas. Así mesmo, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o 6 de maio de 2024 a Estratexia Galega de Mobilidade, cuxo obxectivo é analizar e planificar en todo o seu conxunto a mobilidade na Comunidade Autónoma de Galicia e adaptala aos retos da sociedade do futuro en materia de mobilidade sustentable.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 3 de febreiro de 2025 aprobouse provisionalmente o proxecto referido, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013 e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado da senda na PO-400 entre O Castro e As Neves, de clave PO/23/152.06, no concello das Neves (Pontevedra); para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, se e o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013 e no artigo 50 do Decreto 66/2016.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito a rectificación dos posibles erros da relación publicada ou opoñerse á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos aos da relación ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, na casa do concello das Neves; e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2025

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Senda na PO-400 entre O Castro e As Neves

Clave: PO/23/152.06

Concello das Neves

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Titular

NIF

Sit. básica do solo
(RDL 7/2015)

Expropiación

Bens afectados

Cant.

Ud.

Descrición

1

36034A051004820000HB

51

482

Maximino González Fernández

***1361**

Rural

5

3

ud.

Eucalipto mediano

2

36034A051004830000HY

51

483

José Pérez Domínguez (hros.)

***1374**

Rural

21

10

ud.

Eucalipto mediano

3

36034A051004840000HG

51

484

Manuel Iglesias Rodríguez (hros.)

***1579**

Rural

12

7

ud.

Eucalipto mediano

4

36034A055012340000HP

55

1234

Manuel García Araújo

---

Rural

67