IV. Oposicións e concursos
Consellería de Facenda e Administración Pública
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de xaneiro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador/a social.
Advertidos erros na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 9320, onde di: «Rufino David Luances Gudín, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos, especialidade de terapia ocupacional.», debe dicir: «Rufino David Luaces Gudín, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario».