Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 33, do 18 de febreiro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 13029, no segundo parágrafo da motivación da resolución, onde di: «A modificación que se solicita realizar consiste en reducir a produción máxima por hectárea no relativo á uva tinta, para pasar dos actuais 12.500 quilogramos por hectárea a 9.500 quilogramos por hectárea», debe dicir: «A modificación que se solicita realizar consiste en reducir a produción máxima por hectárea no relativo á uva tinta, para pasar dos actuais 9.500 quilogramos por hectárea a 7.500 quilogramos por hectárea».
