Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle, á persoa identificada no anexo, o requirimento de documentación ditado no procedemento de cancelación individual da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.
O requirimento foi ditado pola encargada do Rexistro de Parellas de Feito da provincia de Lugo, cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede do Departamento Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
O prazo de que dispón a persoa interesada para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, teráselle por desistida da súa solicitude, polo que se ditará resolución de arquivamento desta.
Lugo, 7 de febreiro de 2025
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Núm. de expediente |
DNI |
Acto notificado |
|
LU-2009/00065 |
33536115E |
Requirimento de documentación |
