DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2025 Páx. 13747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 31 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Barbadás (expediente IN407A 2025/003-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77. 28033 Madrid.

Denominación: adecuación LMTA SCV806 no treito entre os apoios núm. D209-19 e núm. D209-23X1.

Situación: parroquia de Piñor, concello de Barbadás.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución, na LMTA SCV806, do apoio núm. D209-19, do tipo HVH, por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-14/4500.

• Desmonte do treito da LMTA SCV806 existente entre o apoio proxectado núm. D209-19 e o apoio existente núm. D209-23x1, que tamén se desmonta. Desmonte do treito de LMTS entre o punto C do plano de manobras eléctricas existentes 03 e o apoio núm. D209-23x1.

• LMTS, a 20 kV, de 613 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240mm2) AL, con orixe no paso A/S que se realizará no apoio proxectado núm. D209-19 e final nos empalmes que se realizarán coa LMTS SCV806 existente no punto C do plano de manobras eléctricas existentes 03.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 16.12.2024.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderá examinarse neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 31 de xaneiro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2025/003-3.

Situación: parroquia de Piñor, concello de Barbadás.

Denominación: adecuación LMTA SCV806 no treito entro os apoios núm. D209-19 e núm. D209-23X1.

Predio núm. en proxecto: 1.

Referencia catastral: 32009A016002320000UL.

Lugar: Canivelas.

Cultivo: prado.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. D209 e 6 m2 de canalización soterrada