DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2025 Páx. 13745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no procedemento BS650A, expediente 36/00426-I/24.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, e intentada a notificación do acto administrativo no último domicilio coñecido da persoa interesada que se cita no anexo sen que este se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante anuncio o referido acto administrativo á dita persoa emprazándoa para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación e advertíndolle que, de non facelo así, se terá por notificada ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender o requirimento de documentación no prazo indicado no dito acto, procederá a medida de suspensión cautelar ao abeiro do artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, do desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.

Vigo, 5 de febreiro de 2025

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650A

Núm. expte.

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto
do requirimento

36/00426-I/24

X9537868K

Requirimento de documentación

7.10.2024