Resolucións da Alcaldía núm. 2025-0043 e 2025-0045, do 11 de febreiro de 2025, polas que se aproban as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha praza de auxiliar administrativo, mediante o sistema de concurso-oposición.
Mediante as resolucións da Alcaldía núm. 2025-0043 e 2025-0045, do 11 de febreiro de 2025, aprobáronse as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha praza de auxiliar administrativo, mediante o sistema de concurso-oposición.
No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 32, do 17 de febreiro de 2025, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica https://concellodeverea.sedelectronica.gal
Verea, 17 de febreiro de 2025
José Antonio Pérez Valado
Alcalde
