Ao non ser posible efectuar a notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, atópanse á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Asemade, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade a través de https://viveiro.sedeelectronica.es
Acto que se notifica: xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas (expediente 4854/2024).
|
Referencia catastral |
27067A009002570000XG |
|
Situación |
Polígono 9, parcela 257, Campo Urraca. Viveiro (Lugo) |
|
Persona responsable/DNI |
Bellón Bellón Benigna/*****911Y |
|
Referencia catastral |
27067A009002580000XQ |
|
Situación |
Polígono 9, parcela 258, Campo Urraca. Viveiro (Lugo) |
|
Persona responsable/DNI |
Fernández Regal Francisco/NIF descoñecido |
Viveiro, 30 de xaneiro de 2025
María Loureiro García
Alcaldesa
