DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2025 Páx. 13781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Palas de Rei (expediente DH.A27.103693).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Cooperativas Lácteas Unidas, S.C.G.

DNI: ****0909*.

Expediente: DH.A27.103693.

Volume total anual: 35.430,5 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 2,97 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial.

Lugar: Vilar do Monte.

Parroquia: Quindimil (San Miguel).

Concello: Palas de Rei.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste nunha captación situada na parcela de referencia catastral 27040A051000820000UR, mediante a captación de augas subterráneas nunha cámara de captación de 1,2×1,2×1,2 m rodeada de grava, e condución con tubaxe de 40 cm ata un punto de auga de 3×3×2 m, do que partirá unha condución de 40 mm nuns 605 m ata unha caseta de distribución de rega na zona alta da parcela 27040A042003950000UH, desde a que se regarán unhas 13,37 ha de plantación de castanea sativa situadas na mesma parcela.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro