Neutro Aplications, S.L. solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:
Solicitante: Neutro Aplications, S.L.
Expediente: DH.W36.102945.
Concello: Sanxenxo.
Descrición das obras: construción dunha nave industrial para a fabricación de depósitos plásticos, na parcela con referencia catastral 36051A045007030000FZ, no parque empresarial de Nantes, parroquia de Nantes (Santa Baia), concello de Sanxenxo (Pontevedra).
Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) contados a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no concello de Sanxenxo ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, nº 3, 4º, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.
Vigo, 30 de decembro de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
