Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG número 20, do 29 de xaneiro), e de conformidade co establecido nas bases da devandita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración
xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,
escala de facultativos, especialidade de medicina
Tribunal titular:
Presidencia:
– María Jesús García Blanco, estatutaria, coa categoría de facultativa xerarquizada de medicina xeral.
Secretaría:
– Guillermo José Rodicio Cimadevilla, funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.
Vogais:
– José Javier Ventosa Rial, estatutario, grupo técnico da función administrativa.
– Olga Patricia Blanco Vázquez, funcionaria do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, especialidade medicina.
– María Dolores Monteagudo González, funcionaria do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, especialidade medicina.
Tribunal suplente:
Presidencia:
– Antonio Lamas Fernández, funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.
Secretaría:
– Iris Ferradás Cao, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
– María Luz Varela Román, funcionaria do corpo facultativo superior, subgrupo A1, especialidade en medicina (saúde pública e Administración sanitaria).
– María Conde Abalo, estatutaria, especialista en medicina física e rehabilitación.
– Guillermo Carlos Otero Piñeyro-Maseda, funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
