DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2025 Páx. 13995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución denominado proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a instalación de nova ERM 16/4 Q.9000-D situada na rúa Newton no concello da Coruña, promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2024/4-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia Galicia, S.A., con CIF núm. A15383284.

Obxecto da petición: o proxecto recolle a execución dunha nova estación de regulación e medida ERM 16/4 bar con conexións a rede 16 bar e 4 bar existentes na rúa Newton, no concello da Coruña.

O desprazamento proxectado consiste en:

• Instalación de ERM Q.9000-D situada na rúa Newton (A Coruña), cun caudal máximo de 9.000 m³(n)/h, presión de operación de entrada 16 bar e presión de saída 4 bar.

• Construción Bypass provisional en polietileno DN 90 mm en MOP 4 bar cunha lonxitude de 5 m sobre a rede existente RMB-15030 de polietileno DN 200 mm en MOP 4 bar.

• Construción de rede en aceiro 4” MOP 16 bar de entrada a ERM cuxa conexión inicial é a rede existente RAA-I015.1 cunha lonxitude de 14 m e remate na ERM proxectada.

• Construción de rede en polietileno 200 mm MOP 4 bar de saída da ERM cuxa conexión final é na rede existente RMB-15030 cunha lonxitude de 4 m.

• Instalacións auxiliares: 1 válvula:

– 1 válvula de liña PE100 DN 200 á saída da ERM para instalar.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de vinte (20) días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou no teléfono 981 18 49 02). Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 30 de decembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña