DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2025 Páx. 13993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución denominada Proxecto de execución de instalacións para acometida en MOP 16 bar á nova ERM de Nedgia S.A., na avenida Mar, no concello de Fene (A Coruña), promovido por Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2024/7-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia, S.A., con CIF A66560152.

Obxecto da petición: anulación da acometida en A.P.A. da ERM 16/4 Q.2500-D, situada na avenida Mar, con número de expediente IN6274 2000/2-1; por outro lado, a conexión á rede de gas natural desde a toma en carga situada sobre a rede existente RAA-I014.3 en aceiro DN 4” MOP 16 bar, ata a válvula de entrada da nova ERM 16/4 Q.5000-D (obxecto doutro proxecto), no concello de Fene.

Basicamente, as instalacións proxectadas consisten en:

• Rede de gas natural en aceiro 4” en MOP 16 bar cuxa conexión inicial será a toma en carga situada sobre a rede existente RAA-I014.3 en aceiro DN 4” MOP 16 bar e cuxo remate será a válvula de entrada da nova ERM.

• Instalacións auxiliares:

1 válvula de seccionamento DN 4” (válvula de entrada á nova ERM (obxecto doutro proxecto).

• Acometida de gas natural que se anulará en aceiro 4” en MOP 16 bar cuxa conexión inicial é a rede existente RAA-I014.3 en aceiro DN 4” MOP 16 bar ata a ERM Q.2500-D que se anulará.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de vinte (20) días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es). Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 30 de decembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña