Isabel Riádigos García, veciña de Noceda, actuando como representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Eirexe, mediante este anuncio convoco á asemblea xeral extraordinaria todos os usuarios das augas, que terá lugar o 16 de marzo de 2025, ás 18.30 horas en primeira convocatoria e ás 19.00 horas en segunda convocatoria, respectivamente, no centro social de Noceda, coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da modificación dos estatutos do Convenio de Usuarios de Augas de Eirexe.
2. Renovación da Xunta de Directiva.
Noceda, 28 de xaneiro de 2025
Isabel Riádigos García
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Augas de Eirexe
