De conformidade co establecido no artigo 49.9 dos estatutos do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, aprobados mediante o Decreto 201/2008, do 24 de xullo, faise público o contido literal da acta de proclamación de candidaturas electas, relativo ao procedemento electoral para a cobertura de tres postos vacantes da Xunta de Goberno (relator de Cultura e dous vogais), así como certificación do escrutinio da votación realizada o pasado 17 de febreiro de 2025 para a elección do cargo de relator de Cultura da Xunta de Goberno.
«Os que subscriben, presidente, secretario e vogais que compoñen a Xunta Electoral das eleccións para a cobertura de tres postos vacantes (relator de Cultura e dous vogais) da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, en cumprimento do establecido no artigo 49.9 dos estatutos aprobados mediante o Decreto 201/2008, do 24 de xullo,
CERTIFICAN:
Primeiro. Que polo Acordo adoptado polo Pleno da Xunta de Goberno o 14 de novembro de 2024 se convocaron eleccións para a cobertura de tres postos vacantes da Xunta de Goberno (relator de Cultura e dous vogais) e fixouse como día para a súa celebración o día 17 de febreiro de 2025.
Que na convocatoria de eleccións se observaron todos os requisitos legais que a súa celebración exixe, como son a súa publicidade, a elección dos membros da Xunta Electoral, a exposición do censo, os prazos de presentación de impugnacións, etc.
Que, finalizado o prazo de presentación de candidaturas o 17 de xaneiro de 2025 e presentada e admitida unha única candidatura para cada vacante convocada para o cargo de vogal, mediante o Acordo do 18 de febreiro de 2025 aprobouse a proclamación das candidaturas presentadas como electas, así como a omisión da realización dos comicios fixados para o día 17 de febreiro de 2025, polo que respectaba á cobertura de cargos de vogal da Xunta de Goberno.
Segundo. Atendendo ao anterior, proclámanse como admitidas e electas, para os cargos de vogais da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, María Teresa Pais Mayo e María del Valle Martínez Falcón.
Terceiro. Que, segundo a acta de escrutinio, o resultado da votación para a elección do cargo de relator de Cultura é o seguinte:
(1) Número de electores, segundo o censo electoral definitivo: 1.336.
(2) Papeletas válidas emitidas: 57.
(3) Número de electores que votaron: 62.
(4) Papeletas nulas: 4.
(5) Papeletas en branco: 1.
(6) Abstencións: 1.274.
(7) Total votos emitidos (2+4+5) igual ao número de electores (1)= (3+6).
Cuarto. Que as candidaturas presentadas obtiveron os seguintes votos validamente emitidos:
Candidatura de Ainoa Vázquez Antonio:
Núm. de votos en letra: vinte e nove. Núm. de votos en número: 29.
Candidatura de Marta Romero Salgueiro:
Núm. de votos en letra: vinte e oito. Núm. de votos en número: 28.
Quinto. Que como consecuencia do anterior resulta elixida relatora de Cultura da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia Ainoa Vázquez Antonio.
E para que conste e produza os efectos oportunos, expídese esta certificación, asinada polos membros da Xunta Electoral.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2025.
Asinado:
Presidenta: Carolina Barrero López, secretario: Francisco Javier Pardo Otero, vogais: Mª Dolores Caamaño Lata, Diana Vidal Freire e Ana Núñez Torres».
De conformidade co establecido no artigo 49.10 dos estatutos, contra este acordo os candidatos poderán interpoñer escrito de impugnación no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A Xunta Electoral, no prazo dos dous días seguintes, resolverá as reclamacións presentadas e deberalles notificar aos interesados o contido do acordo. A partir deste momento quedará aberta a vía contencioso-administrativa, de acordo coa normativa xurisdicional específica.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2025
Carolina Barrero López
Presidenta do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia
