Mediante a Resolución da Presidencia nº 2025-0094 do 3 de febreiro de 2025, aprobouse a oferta de emprego público correspondente á/ás praza/s que a continuación se apuntan para o ano 2025:
|
Persoal laboral fixo |
|||
|
Grupo de clasificación |
Denominación da praza |
Nº vacantes |
Sistema de acceso |
|
V/E |
Auxiliar de axuda no fogar |
12 |
Concurso-oposición |
|
IV/E |
Bombeiro/a |
1 |
Concurso-oposición |
|
IV/E |
Chofer recollida de residuos/rozadora |
3 |
Concurso-oposición |
|
V/E |
Operario/a de limpeza de edificios |
1 |
Concurso-oposición |
|
V/E |
Peón recollida de residuos/rozadora |
1 |
Concurso-oposición |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público da Mancomunidade Terra de Celanova no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso potestativo de reposición, ante o presidente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.
Celanova, 3 de febreiro de 2025
Jaime Sousa Seara
Presidente da Mancomunidade Terras de Celanova
