DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2025 Páx. 14024

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos do Morrazo

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2024.

Faise pública a Resolución da Presidencia núm. 2024-0126 que aproba a oferta de emprego público da Mancomunidade de Concellos do Morrazo e que dispón o seguinte:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2024, comprensivo dos seguintes postos de persoal funcionario:

Denominación da praza

Grupo

Clasificación

Número

Sistema de acceso

Xerencia

A2

Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio

1

Concurso-oposición

Persoa técnica auxiliar de medio ambiente

C1

Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a auxiliar

1

Concurso-oposición

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da sede electrónica desta mancomunidade de concellos

[http://mancomunidadedomorrazo.sedelectronica.gal] e ben no Diario Oficial de Galicia ou no BOE.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación.

Cangas, 20 de xaneiro de 2025

Araceli Gestido Rodríguez
Presidenta da Mancomunidade de Concellos do Morrazo